Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 15 de marzo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello solicita á UE participar na plataforma pioneira para desenrolar o 5G entre Vigo e Oporto


Abel Caballero avanzou este venres que a Xunta de Goberno Local aprobou a solicitude para estar presente no proxecto 5G-MOBIX, unha plataforma europea que desenvolverá as conexións de última xeración no corredor Vigo-Oporto co obxectivo de melloras cuestións como o tráfico.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión do pasado xoves unha petición de subvención de 102.000 euros ao INEA (Innovation and Networks Executive Agency) para participar unha plataforma pioneira da Unión Europea sobre o desenrolo de tecnoloxía 5G en relación a cuestións de mobilidade, conexión, información e tráfico.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que se trata dun proxecto pioneiro para establecer un corredor entre Vigo e Oporto. "Queremos identificar novos escenarios que están desenvolvendo tecnoloxía 5G en Europa, China e Corea", explicou.

"Hai que asumir que o que se adiante na tecnoloxía 5G ocupará o futuro e desde o Concello xa estamos poñendo en práctica un número moi importante de proxectos nos que o 5G é núcleo duro, o elemento motriz", apuntou Caballero.
Mais noticias
Os xefes dimisionarios dos centros de saúde, propostos para Vigués Distinguido 2019 pola súa "defensa xenerosa" da cidade
Caballero insiste: "A prioridade de Vigo é o AVE directo a Madrid"
Vigo suma París ás súas conexións internacionais
O rexedor celebra o primeiro premio das alumnas viguesas no First Lego League Galicia
O alcalde eloxiou a calidade dos cursos de Java impartidos pola Fundación Telefónica e Concello
Abel Caballero apoia a actuación de As Ramonas en tour que inician a súa xira hoxe na Porta do Sol
O Concello traslada as actividades deportivas do Pavillón de Coia a outras instalacións


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003