Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 10 de outubro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


As rutas guiadas volven a Pereiró no Samaín

Organizadas polo Concello de Vigo, o cemiterio de Pereiro acollerá durante os meses de outubro e novembro unha nova edición das rutas guiadas para coñecer o patrimonio histórico e cultural. As visitas chegan de novo co gallo do Samaín e nesta ocasión as personaxes históricas serán Cachamuíña, Irene Ceballos, Concepción Arenal e a Marquesa de Valadares.




O Samaín 2018 trae de novo as rutas guiadas polo cemiterio de Pereiró para coñecer o patrimonio histórico e cultural da cidade. O alcalde, Abel Caballero, avanzou que as visitas serán ao longo dos meses de outubro e novembro.

As rutas celebraranse un total de 21 días de outubro (do 19 ao 21 e do 26 ao 31) e os venres, sábados e domingos de novembro (do 2 ao 4, do 9 ao 11, do 16 ao 18 e do 23 ao 25) con horario de 19:00 a 21:00 horas.

O cota máxima é de 25 persoas ao día e existe a idade mínima de 16 anos para poder participar (os menores terán que ir acompañados por un adulto). O alcalde informou de que as inscricións son presenciais no centro de recepción de visitantes (Estación Marítima de Ría. c/Cánovas del Castillo número 3) de luns a domingo de 10:00 a 17:00 (lunes 1 de novembro a oficina estará pechada).

Nesta ocasión as personaxes históricos que protagonizarán as rutas serán Concepción Arenal, Marquesa de Valladares, Irene Ceballos e Bernardo González del Valle "Cachamuiña".
Mais noticias
O Concello ten en marcha catro pavillóns deportivos por valor de 6,5 millóns de euros
O Concello adica máis de 60.000 euros á Casa das Mulleres e ao Centro de Recursos Feministas
O goberno de Vigo asina convenios de apoio a catro asociacións por 21.000 euros
A Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura actuará no Mar de Vigo o 28 de decembro
Aberto prazo de inscrición para obradoiro de autoprotección para mulleres


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003