Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 14 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello remite o proxecto de centro de saúde de Bouzas á Xunta para informe de Patrimonio

O alcalde criticou que a Xunta de Galicia remitira ao Concello o proxecto sen o pertinente aval de Patrimonio Histórico da propia administración autonómica, por estar a parcela en zona de cautela histórica. Abel Caballero censurou que o Concello cedeu o solo en 2008: "dez anos de atraso e o que envían non vale".




O Concello de Vigo recibiu o proxecto o pasado 10 de setembro e xa foi remitido á Xunta de Galicia para o seu visto bo por parte de Patrimonio Histórico. O alcalde denunciou que a solicitude de licencia chega sen este aval previo, co que a concesión da autorización municipal non pode ser sequera considerada.

Abel Caballero recordou que o goberno vigués adquiriu unha parcela anexa á alameda Suárez Llanos e cedeuna de balde á Xunta de Galicia en 2008 para a construción dun centro de saúde para Bouzas. O rexedor asegurou este venres que o envío do proxecto ao Concello sen o visto bo de Patrimonio Histórico "non é un esquecemento casual" por parte da Xunta de Galicia. "Dez anos de atraso e o que envían non vale para nada", concluíu Caballero.
Mais noticias
"Estase a resolver un problema urbanístico histórico desta cidade"
Todos os alumnos que solicitaron o programa de Vigo en inglés conseguiron a súa bolsa
O Concello xa fixo a clasificación de ofertas do concurso para revisar e actualizar o PXOM
Vigo súmase do 16 ao 22 de setembro á Semana da Mobilidade
A primeira Volta Ciclista pola Ciencia arrinca en Vigo o luns e enlazará seis universidades ata Madrid
O goberno de Vigo celebra o "prestixio" do Maratón Fotográfico, que acada a súa 23ª edición


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003