Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 17 de marzo de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero compromete para o próximo ano cen prazas máis no programa "Vigo en Inglés"

O Concello, que amplía ata o 24 de marzo o prazo para optar, ten recibido ata o momento 753 solicitudes de alumnado de 3º de ESO para un mínimo de 657 vacantes dispoñibles. De cara ao ano que vén, o obxectivo é cubrir practicamente toda a demanda, polo que o alcalde anunciou un incremento en polo menos cen prazas.

Abel Caballero fixo este anuncio na mañá deste venres, despois de informar da decisión municipal de ampliar ata o 24 de marzo o prazo para solicitar as bolsas de inglés correspondentes ao presente curso.

Explicou o alcalde que a administración local ten recibido ata o momento 753 candidaturas de alumnos e alumnas de 3º de ESO para un mínimo de 657 prazas que este ano oferta o Concello. O goberno vigués adica ao efecto millón e medio de euros, cifra que se eleva ata os 1.655.000 euros totais ao engadir as 92 bolsas de inglés que concede ao alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

A cobertura da demanda vai ser "certamente moi notable", valorou Caballero: "aproximadamente o 90%" dos estudantes de ESO que opten este curso terán a súa bolsa de inglés no estranxeiro. "Agora ben", engadiu o alcalde, "eu pretendo o próximo ano dar practicamente cobertura total a todas as peticións de bolsas de inglés que haxa en Vigo, de tal modo que o ano que ven as aumentaremos en polo menos cen máis".
Mais noticias
O Concello adxudica provisionalmente a xestión da escola infantil de Santa Marta por 747.000 euros
O Goberno de Vigo e o sector hoteleiro colaboran na promoción turística da cidade
O LIII Concurso Internacional da Camelia reúne en Vigo a 34 expositores
O alcalde elixe á decana de Ciencias do Mar para a lectura do Bando da Reconquista
O rexedor destaca o traballo conxunto para conseguir que Vigo acolla o Campionato europeo clase J70 en 2018
Medidas de tráfico por obras
DO M I C I L I A C I Ó N S
IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003