Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 20 de xaneiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O rexedor reclama á Xunta que atenda as necesidades dos centros públicos vigueses

O alcalde reuniuse este mércores con directores e directoras de centros públicos de Ensino Infantil e Primario que lle manifestaron a urxencia de acometer reformas para arranxar danos, cubrir patios ou ampliar comedores e bibliotecas e comprometeuse a demandarlle á Xunta que atenda estas demandas.




Unha representación da Asociación de directores de centros públicos de Educación Infantil e Primaria de Vigo mantivo un encontro este mércores co alcalde con quen analizaron o estado e as necesidades dos arredor de 50 colexios que hai na cidade.

Segundo o rexedor, os responsables dos centros detectan "desatención por parte da Xunta de Galicia" no relativo ás reformas dos edificios que se veñen deteriorando nos últimos anos así como a necesidade de cubrir os patios, ampliar os comedores e os espazos educativos como as bibliotecas. Estas demandas e a reforma de todos os centros públicos da cidade serán abordadas nunha próxima reunión convocada polo Concello, aínda sen data, na que participarán os directores e directoras dos mesmos.

Abel Caballero lembrou que na entrevista que mantivo co presidente da Xunta en xullo de 2015 trataron a posibilidade de asinar un convenio para acometer as obras necesarias nos centros e anuncia que "retomamos o proxecto e volveremos propoñerllo á Xunta para que de forma inmediata fagamos obras que non poden esperar".
Mais noticias
Caballero constata "consenso e un novo clima" para a posta en marcha da Área Metropolitana

O Auditorio Municipal acolle mañá o estreo do segundo documental sobre o Discamino
O alcalde salienta o "grande proxecto musical" da Orquestra Vigo 430
Vigo anticipa a celebración do día Internacional da Aperta cun acto na Praza de Peniche


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003