Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 29 de abril de 2015

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo inicia a próxima semana reformas na sede da UNED por 45.000 euros

A comezos da próxima semana o Concello iniciará os traballos de mellora da sede da UNED de Vigo, no Casco Vello, cun orzamento de 45.000 euros. Así informóuno este mércores o alcalde de Vigo, quen apuntou que o obxectivo da reforma é a restauración e posta en valor do inmoble.

Caballero afirmou que as obras, cun orzamento de 45.000 euros, durarán un mes aproximadamente e consisten en darlle un novo tratamento á madeira, por mor do deterioro existente nas partas, galerías e fiestras.

Trátase dun edificio "histórico, de gran importancia", asegurou o alcalde, polo que o goberno local acometerá nos tres elementos citados a recuperación ou reposición dos elementos defectuosos e aplicará un recubrimento de alta resistencia especial para madeiras exteriores. Ademais acondicionarase as zonas exteriores.

Abel Caballero avanzou que a sede principal da UNED en Vigo -financiada integramente polo Concello- vaise trasladar "dentro de moi pouco tempo" ao Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo, para o próximo curso escolar, segundo precisou, mais a cidade manterá o local actual para os cursos de acceso. "Parécenos que é bo que a Universidade estea no Casco Vello", concluíu o rexedor.
Mais noticias
O Concello ultima o concurso para abrir novas rutas aéreas internacionais e reforzar Barcelona
Vigo súmase a unha campaña internacional de potenciación dos mercados tradicionais


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003