Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 30 de outubro de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde manterá as políticas sociais e de emprego mentres dure a crise

Así o asegurou Abel Caballero nunha conferencia pronunciada este xoves no Nova Economía Forum, onde abordou as claves da economía viguesa, en particular o presente e futuro dos sectores estratéxicos para o territorio, o turismo e o pequeno comercio vigués, as infraestruturas e as políticas sociais e de emprego.




Presentado polo facultativo Hixinio Beiras, o alcalde de Vigo asegurou no seu relatorio que o Concello manterá as políticas sociais e de creación de emprego mentres dure a crise económica actual. Caballero recordou que o investimento público municipal supón a xeración de "miles de empregos" e a transformación da cidade, un proceso que transcorre en paralelo á reducción da débeda da administración local e da presión fiscal para os vigueses, a máis baixa das urbes galegas, segundo indicou.

Por outra banda, Caballero defendeu as políticas sociais levadas adiante desde o goberno que encabeza, citando como exemplo o plan extraordinario de apoio ás familias, dotado con dous millóns de euros para axudar ao pago da vivenda, da enerxía e da alimentación de quen carece de recursos. "Manteremos estas políticas mentres eu sexa alcalde e en tanto o requira a crise. En Vigo ninguén vai quedar sen vivenda, nin sen subministro enerxético, nin sen comer", proclamou.

Na súa intervención, o alcalde olívico abordou outras cuestións que considera claves para o futuro de Vigo e a súa área, como o desenvolvemento dos sectores estratéxicos (automoción, pesca, construción naval e outros). Ante eses retos futuros, Caballero recordou que a cidade non pode renunciar a factores imprescindibles como a conexión con Madrid por AVE, a potenciación do aeroporto de Peinador, a revisión das peaxes entre Vigo e Pontevedra, a ampliación da ponte de Rande ou as dotacións xudiciais, entre outras.
Mais noticias
O Concello exhibirá no cemiterio de Pereiró un coche fúnebre municipal matriculado en 1940
Conclusións das Xornadas municipais "As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo"
A Fundación Laxeiro presenta VISIBILIDADE MÍNIMA de Juan Adrio
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003