Escoitar

Caballero compromete un local para a Asociación de Festas San Salvador de Teis

O alcalde mantivo hoxe xoves unha reunión cos responsables da entidade, que teñen un "compromiso con Teis excepcional", polo que lles ofreceu a sinatura dun convenio para as súas actividades socioculturais na parroquia, ademais de proporcionarlles un local.

xoves, 14 ago 2014
1408021540teis.JPG
Abel Caballero explicou ante os medios que este colectivo quere asumir un compromiso "máis importante" con Teis, para o que terá "todo o noso apoio", incluindo a posibilidade de asinar un convenio anual entre as partes, ofrecido polo propio alcalde. O primeiro edil recoñeceu o "magnífico traballo por Teis a cambio de nada".
Descargar todas as imaxes