Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 30 de xaneiro de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello arrancará antes dun mes máis dunha veintena de humanizacións no centro e nas parroquias

Antes dun mes comezarán máis de vinte humanizacións en distintas zonas do centro e do rural de Vigo, segundo avanzou o rexedor hoxe xoves. Cun montante de 2,8 millóns de euros, iniciaránse entre outras, as obras da escola infantil de Navia, dotada de 717.000 euros.

O Concello de Vigo iniciará antes dun mes máis dunha veintena de obras no centro e no rural por valor de 2,8 millóns de euros, entre as que destacan as humanizacións de Marqués de Valterra (211.000 euros), Jenaro de la Fuente (200.000 euros), Hispanidade -entre Gran Vía e Zamora- (164.000 euros), Ferreiros (165.000 euros) e o novo acceso peonil a Navia desde a glorieta da VG-20 (164.000 euros). Xunto a estas obras, o alcalde explicou hoxe xoves que o goberno local comezará tamén no próximo mes a execución da escola infantil en Navia (717.000 euros), e a primeira fase das escaleiras mecánicas da rúa Segunda República no Casco Vello (490.000 euros).

No ámbito do rural, o Concello de Vigo acometerá actuacións en San Andrés; Coruxo; Saiáns, Beade, Lavadores, Castrelos, Valladares, Sárdoma, Candeán, Cabral, Sampaio e Zamáns. en Pinal (Saiáns), no encontro de Falcoa con Camiño Fondo (Castrelos), en Estrada Moledo (Sároma), en Goleta (Candeán), no Carballal (Cabral) e en Areeiro (Saiáns). Ademais acometerá a reforma da terraza pública fronte ao centro cultural de Beade e do acceso ao antigo concello de Lavadores, as escaleiras en Aguadiña (Sampaio) e o muro de Parada (Matamá).
Mais noticias
Caballero convoca a responsables políticos e axentes sociais de toda a área para analizar o mapa sanitario de Vigo
O alcalde subliña que o índice de satisfacción coa seguridade cidadá en Vigo acada o 98%
Caballero salienta a calidade dos músicos que participarán no Sinfónico de Primavera da Orquestra Vigo 430
O alcalde cualifica de "histórico" o apoio que recibiu o atletismo de Vigo no 2013
Este venres no MARCO proxección de Robinson in Ruins, de Patrick Keiller
Xunta de Goberno Local
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003