Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 30 xan 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 31 DE XANEIRO DE 2014.


1.- Acta da sesión ordinaria do 17 de xaneiro de 2014.

CONTRATACIÓN
2.- Proposta para alleamento de 183 vehículos para chatarra que se atopan no depósito municipal. Expte. 4703/241.

3.- Devolución de fianza a favor de IMATIA INNOVATION S.L. pola asistencia técnica para a modernización administrativa do Concello de Vigo, Fase II. Expte. 4702/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
4.- Asistencia da funcionaria Marta Núñez Aboy á Feira Europea de Teatro para nenos e nenas FETEN 2014. Expte. 14522/331.

5.- Devolución de fianza a La Fiesta Escénica S.L. constituída para o deseño e produción das carrozas da Cabalgata de Reis 2014. Expte. 5411/335.

6.- Proposta de autorización de préstamo temporal da obra "Sen título" de Elena Colmeiro ao Museo de Pontevedra. Expte. 4951/337.

EDUCACIÓN
7.- Nomeamento de representantes municipais nos Consellos Escolares dos centros de ensino públicos. Expte. 15662/332.

EMPREGO
8.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Centro de Formación MEGA S.L. para a realización das prácticas profesionais non laborais incluídas no programa formativo de alumnos dos cursos AFD 2014. Expte. 10786/77.

9.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Centro de Formación CEICA S.L. para a realización de prácticas profesionais non laborais incluídas no programa formativo de alumnos dos cursos AFD 2014. Expte. 10787/77.

10.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación Formación e Emprego (FOREM Galicia) para a realización de prácticas profesionais non laborais incluídas no programa formativo de alumnos dos cursos AFD 2014. Expte. 10794/77.

RECURSOS HUMANOS
11.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal dos distintos servizos correspondentes ao mes de decembro de 2013. Expte. 24811/220.

12.- Complemento produtividade por toxicidade do persoal de desinfección correspondente ao mes de decembro de 2013. Expte. 24805/220.

13.- Cese de persoal laboral indefinido non regularizado tras a finalización dos procesos selectivos derivados das ofertas de emprego público 2010 e 2011 (1ª tanda convocatoria). Expte. 24853/220.

14.- Proposta nomeamento como funcionarios de carreira de técnico medio de servizos económicos e administrativa de Admón. Xeral. Expte. 24299/220.

SEGURIDADE
15.- Devolución de fianzas:
a) Entidad Local Menor de Bembrive. Expte. 87897/210.
b) AVV. Praza da Miñoca. Expte. 87676/210.
c) Asociación Aspanaex. Expte. 87307/210.
d) Car De Ind Reformas y Pinturas SLU. Expte. 87294/210.
e) Martins Passos Ignacio. Expte. 87411/210.
f) Impermeba S.L. Expte. 87411/210.
g) Construcciones Sito y Fernández S.L. Expte. 87527/210.
h) Construcciones Sito y Fernández S.L. Expte. 87526/210.
i) Construcciones Castro Figueiro S.L. Expte. 87619/210.
k) Vertical Calidade Galicia S.L. Expte. 87722/210.
l) Poseidón Vertical S.L. Expte. 87290/210.
m) Cdad. Prop. Celso Emilio Ferreiro, 1. Expte. 87600/210.
n) Impermeba S.L. Expte. 87714/210.

16.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 31 de xaneiro de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 29 de xaneiro de 2014.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.