Escoitar

Caballero visita a humanización de Areal, na que o Concello inviste 550.000 euros

O alcalde revisou hoxe mércores a evolución dos traballos de mellora de Areal, no tramo restante entre R. Arxentina e Canceleiro, onde o goberno local destina 550.000 euros para a súa humanización. A reforma contempla a renovación de 300 metros de servizos soterrados, xunto á habitual transformación en superficie.

mércores, 6 feb 2013
1360155772areal.JPG
O alcalde, Abel Caballero, a tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Fomento, David Regades, visitaron este mércores o estado dos traballos de humanización que executa o Concello de Vigo na rúa Areal, no tramo comprendido entre República Argentina e Canceleiro.

O goberno local adica para esta reforma 550.000 euros, segundo explicou Caballero, que servirán para a renovación dos 310 metros de actuación con 26 árbores, puntos de luz, bancos, papeleiras e 18 xardineiras. O Concello -que cambiará 300 metros de conducións de servizos soterrados- traballará en 2.000 metros cadrados de superficie, dos que case 1.400 serán para beirarrúas.

Trátase dunha mellora "distinta", asegurou o alcalde, cunha parte "importante" de verde e beirarrúas, co obxectivo de facilitar o "paseo". Abel Caballero salientou que "este tramo forma parte das melloras do convenio de Aqualia", un acordo "moi ben negociado" xa que esta obra supera as súas obrigas como concesionaria, indicou o primeiro edil.
Descargar todas as imaxes