Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 05 de xaneiro de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde louba a creatividade de 12 nenos e nenas de Vigo gañadores do III Certame de Arte Postal

Abel Caballero felicitou esta mañá a 12 nenos e nenas de Vigo autores doutros tantos debuxos gañadores do III Certame de Arte Postal. Durante a entrega de garlardóns, o rexedor amosou a súa satisfacción porque a creatividade destes rapaces "é unha parte máis de facer Vigo".




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou esta mañá 12 galardóns a outros tanto nenos e nenas de Vigo gañadores do III Certame de Arte Postal nun encontro no que amosou a súa satisfacción porque os traballos destes rapaces supoñen "unha parte máis de facer Vigo". Logo de felicitar a gañadores e familiares, agradeceu aos profesores o esforzo e o traballo que desenvolven porque "cando os nenos a creatividade é o xérmolo da innovación, unha cuestión vital en anos venideiros".

O III Certame do programa Crea na Escola forma parte do programa da Concellería de Educación e este ano levaba por lema O Mar de Vigo. Este ano participaron 914 estudantes de 36 colexios, co que case de duplica a cifra da primeira edición, en 2009, cando a participación foi de 570 alumnos, procedentes de 29 centros. Coas 12 postais premiadas, confeccionase o calendario oficial do Departamento de Educación.

O obxectivo do concurso é incentivar a creación artística, fomentar a relación entre centros escolares e valorar a importancia da creatividade. No acto de entrega de diplomas estiveron presentes o coordinador do programa, Mingos Teixeira, e a concelleira de Educación, Raquel Díaz.
Mais noticias
Caballero subliña a "enorme afluencia" de rapaces á benvida ofrecida polos Reis Magos
O alcalde presentou o Trofeo de Reis de fútbol 7, este sábado en Samil con 17 equipos locais


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003