Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 30 de novembro de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde destaca que a Pinacoteca Municipal "enriquece a paisaxe cultural e museística de Vigo"

Abel Caballero, acompañado por concelleiros do goberno local, visitaron hoxe mércores a Pinacoteca Municipal na súa reapertura tras realizarse reparacións menores no edificio. O alcalde eloxiou esta dotación como "potenciador da cultura pictórica de Galicia e para o mundo" e apuntou un "segundo mérito importante" ao formar parte da recuperación do Casco Vello. A Pinacoteca permanecerá aberta en horario de mañá e tarde.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe mércores a Pinacoteca Municipal despois de ter realizadas reparacións menores na estrutura, tras a súa inauguración na primavera.

Caballero indicou que esta dotación cultura "pon de relieve o acerto" de construíla xa que axuda a "enriquecer a paisaxe cultural e museística de Vigo" e actua como "potenciador da cultura pictórica de Galicia e para o mundo".

A Pinacoteca, que abrirá as súas portas en horario de mañá e tarde, é un "gran centro cunha magnífica e magna exposición", aseverou Caballero, que alberga pezas únicas da arte galega, polo que invitou á cidadanía a achegarse ao Casco Vello para admirar a colección.

O alcalde vigués apuntou un "segundo mérito importante" desta dotación cultural, xa que é unha "forma de recuperar unha parte importantísima da cidade de Vigo, que é o Casco Vello". Xunto ás novas vivendas e á recuperación das súas rúas, este edificio permite converter a zona antigua da cidade nun "lugar común de utilización polos vigueses e viguesas e tamén polos turístas".
Mais noticias
Caballero ubica na Casa do Pescador o albergue permantente e definitivo de Vigo, con 50 camas
Caballero mantén unha reunión cos tres sindicatos para "compartir visións" da cidade
Amelia Vázquez-Palacios amosa na Alcaldía o seu talento e paixón pictórica
Taller de horta urbana
Actividades en torno o Día Mundial contra a SIDA


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003