Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 30 de novembro de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero mantén unha reunión cos tres sindicatos para "compartir visións" da cidade

O alcalde de Vigo e os representantes comarcais de UGT, CCOO e CIG mantiveron este mércores unha reunión para "pasar revisión á situación da cidade, do seu panorama económico e das dificultades que hai pola crise". Caballero revelou que estas entrevistas celébranse periódicamente para "compartir visións e cambiar opinións", e explicou que "temos unha magnífica relación coas tres centrais sindicais e queremos que siga a ser así".




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que "temos unha magnífica relación coas tres centrais sindicais e queremos que siga a ser así".

Caballero fixo estas declaracións tras manter unha reunión cos responsables comarcais da UGT, Comisións Obreiras e a CIG para "pasar revisión á situación da cidade, do seu panorama económico e das dificultades que hai pola crise", entrevista enmarcada nos encontros que periódicamente celebran as partes para "compartir visións e cambiar opinións".

Para o alcalde, os sindicatos ofrecen ao goberno municipal "unha visión de Vigo imprescindible", o Vigo dos traballadores.
Mais noticias
O alcalde destaca que a Pinacoteca Municipal "enriquece a paisaxe cultural e museística de Vigo"
Caballero ubica na Casa do Pescador o albergue permantente e definitivo de Vigo, con 50 camas
Amelia Vázquez-Palacios amosa na Alcaldía o seu talento e paixón pictórica
Taller de horta urbana
Actividades en torno o Día Mundial contra a SIDA


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003