Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 21 de outubro de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde informa da saída a licitación dunha nova Escola Infantil municipal en Navia, cun orzamento de 700.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a licitación do proxecto básico e de execución para as obras de construción dunha escola infantil municipal en Navia, para o que o goberno local adica 700.000 euros. Caballero recordou que en próximos meses comezarán a funcionar as de Tomás Alonso e Casiano Martínez, e Mestres Goldar ten partida para continuar coas obras. O goberno conta ademais con 300.000 euros para proxectos de escolas infantís en A Seara, Lavadores e A Doblada.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da decisión municipal de sacar a licitación o proxecto básico e de execución das obras de construción dunha nova escola infantil municipal, que irá emprazada en Navia.

Así o aprobou a Xunta de Goberno Local, adicando unha partida orzamentaria de 700.000 euros para un novo centro educativo de 363 metros cadrados de superficie. O inmoble estará dotado de vestiario, cociña, sala de usos múltiples, comedor e aulas, cun patio de xogos exterior.

Caballero recordou que o Concello ten catro escolas infantís en funcionamento e en próximos meses comezarán a funcionar dúas novas -Casiano Martínez e Tomás Alonso-, ademais de continuar as obras de adaptación de Mestres Goldar, que sumará 100 novas prazas.

O alcalde tamén apuntou que Navia pertence ás catro novas escolas para nenos de entre 0 a 3 años que proxectou o goberno de Vigo para este ano. Xunto a licitada hoxe, Caballero explicou que o Concello conta con 300.000 euros máis para iniciar os proxectos dos novos centros educativos infantís municipais de A Seara, Lavadores e A Doblada.

Urbanismo
Ante os medios de comunicación, Abel Caballero informou dos acordos máis relevantes adoptados esta mañá no Consello da Xerencia municipal de Urbanismo, entre os que subliñou a aprobación definitiva das bases e dos estatutos da Xunta de Compensación de Hispanidade, trámite que lles permitirá iniciar os traballos no ámbito.

En segundo lugar, o primeiro edil vigués informou da concesión de 84.000 euros para axudas á rehabilitación no casco histórico de Bouzas, achegas que permitirán a reforma de quince vivendas no núcleo da antiga vila.
Mais noticias
O goberno local aproba a reforma da estrutura interior da antiga Escola de Hostelería
Caballero eloxia a programación da ópera Madama Butterfly no Auditorio Mar de Vigo
O rexedor inaugura no Marco You are not alone, unha exposición innovadora sobre o sida
HORARIO NOS CEMITERIOS MUNICIPAIS CON MOTIVO DA FESTIVIDADE DE TÓDOLOS SANTOS
Pechada ao tráfico a rúa ROSALÍA DE CASTRO, treito entre as rúas Colón e Pontevedra
Pechada ao tráfico a rúa REPÚBLICA ARXENTINA, treito entre as rúas Rosalía de Castro e Areal


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003