Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
sábado, 11 de xuño de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Abel Caballero investido como alcalde por segundo mandato consecutivo

O candidato socialista Abel Caballero é dende o 11 de xuño alcalde de Vigo, gracias ao apoio dos concelleiros e concelleiras do seu grupo e do nacionalista. O acto de constitución da nova Corporación e elección do alcalde celebrouse ás doce do mediodía no auditorio do Concello, habilitado para a ocasión como sala de plenos.





Como sinala a lei, formouse en primeiro lugar a mesa de idade que dirixiu a sesión, integrada polos concelleiros electos de maior e menor idade, Abel Caballero Álvarez e Teresa Egerique, e asumiu a presidencia da mesa o membro de máis idade. A mesa comprobou as credenciais presentadas coa certificación remitida ao Concello pola Xunta Electoral de Zona.

A seguir, os concelleiros xuraron ou prometeron o seu cargo mediante a fórmula legalmente prevista de acatamento da Constitución. Quedou así constituída a Corporación, formada por 27 membros, 13 do PP, 11 do PSdG-PSOE e 3 do BNG e , e escolleuse o sistema ordinario (á man alzada) para elixir o alcalde. Logo dunha quenda de intervencións onde os voceiros dos grupos expuxeron as súas intencións, procedeuse á votación. Nela Corina Porro recibiu 13 votos e Abel Caballero os 14 do seu grupo e mais dos nacionalistas.

Desta forma, Teresa Egerique entregoulle a vara de mando a Abel Caballero. A seguir, o socialista xurou o seu cargo de alcalde sobre a Constitución. Logo o alcalde, Abel Caballero dirixius as persoas que asistiron ao pleno na súa alocución no cargo.
Mais noticias
Nova Corporación


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003