Escoitar

Vigo convertirase por un tempo en Cidade de soños

Coa vontade de que Vigo se convirta por un tempo nun campo de experimentación de ideas e actividades relacionadas co feito artístico, nace o proxecto Cidade de soños, un evento que xira en torno a tres convocatorias: una exposición de escultura denominada Natureza con arte, artistas na rúa e pegada e fume. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou hoxe mércores a mencionada cita que se desenvolverá entre os meses de abril e outubro, cun calendario no que resalta a participación de 1.800 persoas na elaboración por primeira vez na cidade dun gran mural de cerámica, previsto no parque de Castrelos, baixo o nome de Pegadas e fume.<br />

mércores, 17 feb 2010
1266411006cidadedososnos.jpg
Na presentación de Cidade de soños, además do concelleiro, participaron o tenente de alcalde, Santiago Domínguez; a coordinadora do proxecto, Cuqui Piñeiro, e o ceramista y tamén coordinador, Miguel Vázquez. Todos o participantes coincidiron en sinalar que o proxecto nace coa finalidade que facilitar a presenza da cidadanía na rúa para que de forma activa participe no feito artístico. Todas as actividades teñen un carácter participativo e nalgún caso un xeito inédito como pasa con Pegadas e fume, donde o 24 e 25 de abril, e o 1 e 2 de maio, en horarios, de 10 a 13.30 hotras e de 16 a 20 horas, un grupo de profesionais de Produccións Accidentais, coordinados por Miguel Vázquez, encargaráse de dirixir a todas as persoas que quieran facer un gran mural cerámico, de 13 metros de longo por 3 de alto, coa finalidade de cambiar a estética dunha plataforma de uso público ao lado do auditorio de Castrelos.

Cada grupo será de 450 personas que participarán cada un dos catro días de conformación de Pegadas e fume, co obxectivo de que disporán dun azulexo que poderán decorar cos motivos que queiran mediante unha técnica sinxela e participativa, na que se utiliza un azulexo de 15X15 que, unha vez decorado libremente, o equipo de profesionais someterá ao fume para que a pegada de quen o realiza perdure. Ao final as 1.800 pezas cerámicas revistirán a modo de mostra un espazo que habitualmente utiliza a xente. O 9 de maio haberá en dito lugar unha festa inaguración e presentación pública do mural. Os interesados en participar na experiencia poden consultar a páxina web www.cidadedesoños.com.

Artistas na rúa
Outra das actividades concretadas en Cidade de soños é a que leva o nome Artistas na rúa, en total serán cinco escultores, tres galegos e dous portugueses, dos cales dous son mulleres e tres homes, que estarán facendo o seu traballo nun espazo do centro urbano aínda por determinar. Desta maneira, segundo os representantes de Patrimonio Histórico, durante 15 xornadas poderáse ver como se desenvolve un proxecto artístico en vivo. Esta convocatoria axuda a que a xente aprenda en directo como se desenvolve un proceso de execución no eido da escultura, o cal además de acercar ao artista conleva unha forte carga educativa, segundo Eudosio Álvarez.

As datas da presenza de Artistas na rúa será do 21 de xuño ao 4 de xullo. Nese tempo tamén se facilitarán encontros para abordar un debate sobre a devandita intervención artística na rúa, nos que participarán desde o público a especialistas en arte.

A terceira actividade do proxecto Cidade de soños ten o título de Natureza con arte, que ofrecerá unha exposición de escultura ao aire libre nos xardíns interiores do Pazo de Castrelos, unha convocatoria que se abrirá o 22 de xulllo e permancerá en cartel ata o 31 de outubro. En dita convocatorio estarán recollidas obras dos escultores que participen en Artistas na rúa e tamén outros que van a ceder a sús pezas. A inauguración incluirá unha pequena posta en escea con música y luces no entorno do Pazo.

Cidade de soños, que se acompaña do subtítulo A cidadanía como absoluta protagonista, tamén significa unha homenaxe aos artistas galegos dos séculos XIX e XX, "que axudaron a construir país", segundo o concelleiro de Patrimonio Histórico, quen engadiu que o proxecto se encardina nos cambios que está a sufrir Vigo e nos que entran tamén a apertura dunha nova pinacoteca no casco vello da cidade. Nese senso, o tenente alcalde recordou que se vai a levar adiante un gran proxecto que nunca se ten realizado e que vai a dar un gran contido popular ao arte de participación cidadá nese feito.
Descargar todas as imaxes