Escoitar

Abel Caballero adianta que habilitarase carril bici no actual percorrido das vías de tren

Tras entrevistarse coa Asociación A Golpe de Pedal, o alcalde avanzou que o futuro pasillo verde que substituirá ás actuais vías do tren incorporará carril bici. A excavación do túnel do acceso ferroviario desde Redondela ata a estación de Urzáiz permitirá levantar as vías e habilitar alí un amplo espazo verde. Ademais, Caballero informou á entidade do proxecto a medio plazo de instalar carril bici no eixo Travesas-Samil-Coruxo.

luns, 4 xan 2010
1262611571pedal.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou este luns que o Concello habilitará carril bici no gran pasillo verde que diporase no percorrido actual das vías do tren, unha vez estas sexan retiradas e o ferrocarril acceda polo túnel en construción.

O rexedor local mantivo unha reunión coa Asociación A Golpe de Pedal para estudar accións que potencien o emprego da bicicleta en Vigo, sempre compaxinado coa seguridade viaria. A este respecto, Caballero expúxolles este proxecto no pasillo verde, que completarase co futuro carril bici desde a zona das estacións ata a praza da rúa Coruña, que circularía pola superficie da Avenida de Beiramar cando esta sexa peatonalizada.

Por outra banda, o alcalde indicou que o Concello está a desenvolver o planeamento da marxe dereita da Avenida de Castelao ata Samil, onde está prevista a construción dun carril para as bicicletas. O futuro Samil, que debuxarase en conxunto co Ministerio de Medioambiente, tamén incluirá carril bici, que alongarase ata Coruxo, completando o eixo Travesas-Samil-Coruxo.
Descargar todas as imaxes