xoves, 16 maio 2024

O alcalde visita a montaxe da Feira Internacional Navalia

xoves, 16 mai 2024

Navalia comeza a súa montaxe para recibir a milleiros de persoas procedentes de 75 países. Abel Caballero achegouse ata o IFEVI onde o martes comeza a feira internacional do sector naval para amosar o apoio e recoñecemento á organización. O alcalde estivo acompañado por José García Costas, presidente de Navalia, e Javier Arnau, director, entre outras autoridades, cos que percorreu os diferentes pavillóns onde se desenvolverá o evento, que este ano amplía en 9.000 metros cadrados a exposición.

Abel Caballero recibiu á consul xeral de Francia en Bilbao

xoves, 16 mai 2024

O alcalde e a cónsul xeral de Francia en Bilbao, Marianne Carré, mantiveron unha xuntanza na Casa Consistorial, onde puxeron de manifesto os lazos de Vigo con Francia e coa cidade de Bilbao. Ambos os mandatarios puxeron de manifesto a importancia de que ten Europa na mellora das relacións dos municipios e da cidadanía. Diplomática de carreira, Marianne Carré foi nomeada como Cónsul Xeral de Francia en Bilbao no mes de setembro de 2023, procedente do Ministerio de Asuntos Exteriores e Europeos de Francia, onde foi Directora adxunta de Cultura e Medios.

Alumnado do colexio A Nosa Señora da Esperanza percorren a Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

xoves, 16 mai 2024

O alcalde animou hoxe aos alumnos do colexio A nosa Señora da Esperanza a coñecer a historia de Vigo, especialmente dos episodios vividos en 1809 durante a Reconquista da cidade do dominio das tropas napoleónicas. Os estudantes percorreron, co soldado francés Pierre da Pierre, os principais escenarios onde se desenvolveu a xesta dos vigueses co programa municipal “A Máquina do Tempo-Reconquista 2024” . Un total de 23 colexios de Vigo, e máis de 1.200 estudantes, participan na iniciativa didáctica.

Estudantado do Colexio Jesuitinas-Miralba interénsanse por a actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

xoves, 16 mai 2024

Abel Caballero explicou hoxe a 25 alumnos de quinto de primaria do Colexio Jesuitinas-Miralba, que participan no programa municipal “Coñece ou teu Concello”, a importancia do traballo que desenvolve o Concello en múltiples aspectos da actividade cotiá de toda a cidadanía de Vigo, así como con programas que afecta directamente aos estudianes como as bolsas de libros ou de inglés . “Quero que veais como é o concello e como traballamos”, indicou o rexedor.