xoves, 7 setembro 2023

O rexedor inaugura a humanización da rúa Romil

xoves, 7 set 2023

O alcalde asistiu este xoves á inauguración da rúa, remodelada cun orzamento de 1.254.745 euros, dos que “700.000 euros proceden de Fondos Europeos e os restantes 554.745 euros aportados polo Concello”. A actuación contempla 380 metros de lonxitude, cunha superficie aproximada de 4.700 m², dende a intersección coa rúa Ourense e o cruzamento con Feliciano Roldán. Caballero tamén informou da aprobación de medidas en Xunta de Goberno.