Escoitar

A web municipal renova o seu deseño para mellorar a experiencia da cidadanía

“Temos unha grande páxina web”, explicou o alcalde, que dende agora ofrece un deseño máis moderno, con mellor accesibilidade e usabilidade e cun innovador sistema de busca intelixente.

mércores, 6 set 2023

Co fin de mellorar a experiencia da cidadanía viguesa, o goberno municipal tratan de mellorar de forma continuada o portal web www.vigo.org que vén de renovarse cun deseño “máis moderno, innovador, con busca intelixente e de fácil accesibilidade e usabilidade. Unha mellora substancial”, sinalou Caballero.

A nova web do Concello pode ofrecer así unha mellor experiencia á cidadanía, cunha renovación da accesibilidade e usabilidade, cun deseño simplificado que permite acceder á información de forma máis clara, incorporando un buscador eficiente.

O novo www.vigo.org mellora a transparencia estruturando a información de forma accesible e ordenada para atopar de maneira rápida e sinxela os datos e documentos que se buscan. Amais, co cambio aplicado, facilítase a comunicación ofrecendo na páxina principal a información de actualidade: noticias, avisos, tráfico, axenda municipal. E o novo sistema de procura intelixente inclúe autocompletado que ofrece suxestións preditivas a medida que o usuario empeza a escribir, tanto en galego como en castelán.

Descargar todas as imaxes