luns, 8 marzo 2010

Un pleno no Concello conmemora o Día Internacional da Muller

O Consello Municipal da Muller celebrou hoxe un pleno específico no salón de plenos do Concello de Vigo nunha sesión aberta ao público que serviu para que as representantes de nove asociacións expuxesen as traxectorias dos colectivos desde os seus inicios ata actualidade. A sesión enmarcouse dentro da conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller, que continuará no resto do presente mes na cidade co desenvolvemento de outras actividades.

O alcalde sinala que "a comezos do próximo ano" estarán listas as instalacións deportivas da ETEA

luns, 8 mar 2010

A Xunta de Goberno Local deu hoxe luns luz verde ao proxecto de reforma do edificio polideportivo da ETEA para á súa apertura ao público, que inclúe o acondicionamento da pista, da piscina e dos "elementos febles" da estrutura. A inversión suma 848.000 euros, financiada por Zona Franca, e as obras estarán rematadas "a finais deste ano, comezos do próximo", tal e como adiantou Abel Caballero.

O Concello iniciará en dúas semanas seis humanizacións no rural por valor de 3 millóns de euros

luns, 8 mar 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da aprobación dos plans de seguridade e saúde das melloras de Manuel Cominges, Cesáreo Vázquez, Estrada da Igrexa, Casal de Abaixo, Subida á Madroa e San Cristobo, por un valor total de 3 millóns de euros. Caballero salientou que as humanizacións validadas hoxe afectarán a "viais vertebradores" das parroquias, cumprindo así cunha "demanda histórica" da cidadanía.

Santi Domínguez avanza que o pavillón e o campo de fútbol de Navia, cun investimento de 6 millóns, serán realidade en xuño

luns, 8 mar 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este luns as obras do pavillón e o campo de fútbol de Navia, que contaron cun investimento de case 6 millóns de euros financiados polo Plan E correspondente ao 2009. Na súa intervención, o tenente de alcalde destacou que a finais do mes de xuño "será realidade o segundo polideportivo de Vigo tras As Travesas".