venres, 15 maio 2009

Santi Domínguez asegura que as obras que se fan no Casco Vello "se reclamaban a berros desde hai anos"

venres, 15 mai 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou hoxe que a reforma de rúas que se está a desenvolver no Casco Vello "é unha actuación como nunca se fixera ata o de agora" no barrio. Na visita que realizou hoxe as obras acompañado do concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, explicou que se está a traballar nun total de 16 rúas sobre unha superficie de 8.716 metros cadrados cun investimento de 3,7 millóns de euros.

O mueso organiza Liña de sal,un percorrido pola cidade onde se poderán ver todos os antigos procesos de producción e usos do sal<br /> Nas diferentes paradas poderase disfrutar de todo tipo de espectáculos coma danza, mú

O Museo do Mar celebra o "Día Internacional dos Museos" recreando o antigo ciclo do sal en Vigo

venres, 15 mai 2009

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e, con tal motivo, o Museo do Mar de Galicia organiza o vindeiro domingo, 17 de maio, unha rota con diferentes actos lúdicos e culturais baixo o nome Liña de Sal, e que trata de amosar ao público xeral os antigos procesos de producción e usos do sal en Vigo.

Persoal

Contratación laboral por acumulación de tarefas de varios postos de traballo do Concello

venres, 15 mai 2009

Con data 14 de maio de 2009, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, adoptou acordo polo que se aproban as bases de selección para a contratación laboral por acumulación de tarefas durante un periodo de cinco meses, prorrogables por un mes mais, de dous/dúas oficiais conductores/as, tres oficiais xardineiros/as e doce operarios/as peóns, para reforzar os traballos de limpeza e coidado dos areais da cidade e os seus accesos, con motivo da preparación da tempada de baño correspondente ao presente ano.

Recadación Voluntaria

Taxa pola recollida de lixo Vivenda

venres, 15 mai 2009

De acordo co art. 36.3 da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións da taxa pola recollida do lixo vivenda e exc. Unificadas industriais (EUI) do ano 2009 ata o 15 de maio do presente ano.