Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 15 mai 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE MAIO DE 2009.


1.- Acta da sesión ordinaria do 4 de maio de 2009.

ASESORÍA XURÍDICA

2.- Dar conta da relación de sentenzas e autos remitidos por Asesoría Xurídica:

a) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 54/09 P.A. Demandante: D JOSE ANGEL FERNANDEZ PICALLO. Obxecto: desestimación por silencio administrativo de Reclamación Patrimonial. Expte.: 1832/243. Desestimado o recurso.

b) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 119/07 P.O. Demandante: URBASER, S.A. Obxecto: Inactividade por non pagamento de 2 facturas, e xuros, en contratos, pechamento vertedoiro do Zondal. Desestimado o recurso.

c) Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 4587/07, interposto pola CMDE. PROPIETARIOS AVDA. RAMÓN NIETO Nº 1. Obxecto: sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 1/04, sobre conservación da terrazo do edificio (cesión de uso público). Desestimada a apelación.

d) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 247/08 P.A. Demandante: Dª DOLORES ALONSO ARIAS. Obxecto: Acordo X.Goberno local 23/06/08 (estimación parcial) Expte.: 1315/243. Desestimado o recurso.

e) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 497/08 P.O. Demandante: D JOSE RAMON VILAR MORAL. Obxecto: Acto do 14/10/08 confirmatorio en reposición (Sanción tráfico. Expte.: 088631917). Desestimento da actora.

f) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 212/2008, p.a. Demandante: Dª MARÍA ROSARIO ROMERO BAAMONDE E OUTRAS 2 PERSOAS. Obxecto: Acto da Xunta de Goberno Local, do 17/03/2008 (reposición) e 18/02/2008; selección de persoal laboral temporal. Expte. Nº 18118/220. Estimado o recurso.

g) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 84/2009, P.O. Demandante: Dª DOLORES LAGO PRADO. Obxecto: Resolución do 3/01/2009, sobre reclamación do 13/03/2007; RPA por caída o 2/02/2007 na beirarrúa. Expte.: 1.495/243. Arquivo de actuacións.

h) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 57/2007, P.O. Demandante: VITALVIGO APARCAMIENTOS, S. L. Obxecto:Acto da Xunta de Goberno Local, de 5/02/2007. Interpretación de criterios de adxudicación de contrato (estacionamentos subterráneos). Expte.: 72171/210. Inadmitido o recurso.

i) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 6/2009, P.A. Demandante: D. JOSÉ CARLOS ALONSO PÉREZ. Obxecto:"Desestimación presunta"de reclamación patrimonial do 7/01/2008. Expte.: 1.873/243. Inadmisible o recurso.

k) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de A Coruña no RC-A nº 129/2004, P.A. Demandante: POMBO VÁZQUEZ E HIJOS, S.L. Obxecto: Resolución do 2/04/2004; sanción en aplicación da ordenanza funeraria. Expte.: 5683/255-03. Desestimado o recurso.

l) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Cáceres no RC-A nº 359/2008Demandante: D. ANGEL MARÍA MORENO IGLESIAS. Obxecto: Resolución de 19 de agosto (reposición) e 5/02/2008; sanción de tráfico. Expte.: 078700881. Desestima o recurso.

m) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 386/2008 P.A. Demandante: D. Ramón Fernández-Linares Bouza. Obxecto: Xunta de Goberno Local do 21/01/08. Cambio de posto de traballo (libre designación). Desestimado o recurso.

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
3.- Indemnización substitutiva por importe de 28.323,62 € a favor da Sociedad General de Autores y Editores-SGAE, polos dereitos de autor da programación do segundo semestre de 2008. Expte. 3058/335.

4.- Indemnización substitutiva por importe de 120.060 € a favor do Instituto Feiral de Vigo-IFEVI polo programa de actuacións musicais Alternavigo, das Festas de Verán de 2008.

BENESTAR SOCIAL
5- Prestación do Servizo de Centro de Día para persoas maiores: alta expte. 1040/12.

6.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 1218/02.

7.- Bases reguladoras e convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o mantemento e fomento de actividades de maiores e de benestar social no ano 2009. Expte. 40012/301.

CONTRATACIÓN
8.- Prórroga do contrato de xestión e ensinanzas da Escola Municipal de Danza (setembro 2009-agosto 2010). Expte. 3100/335.


DEPORTES
9.- Solicitude de D. Francisco José Piñeiro Lorenzo de autorización para organizar a IV Marcha Ciclista a Navia o día 31 de maio. Expte. 8553/333.

10.- Solicitude da Agrupación Deportiva Castro San Miguel de autorización para organizar o XV Cross Escolar A.D. Castro-San Miguel o día 24 de maio. Expte. 8516/333.

ELECTROMECÁNICOS
11.- Convalidación de crédito por importe de 45.670,39 € a favor de UTE Imes-Esycsa polo mantemento de túneles e pasos inferiores. Expte. 12962/444.

MEDIO AMBIENTE
12.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servizo de Medio Ambiente durante o mes de abril de 2009. Expte. 6378/306.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
13.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servizo de Normalización Lingüística durante o mes de abril de 2009. Expte. 859/334.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
14.- Proposta de autorización para aboar a liquidación da subvención concedida no ano 2008 á Unión comarcal da CIG de Vigo. Expte. 4060/320.

PATRIMONIO
15.- Indemnización substitutiva por importe de 280.387,61 € a favor de "Limpezas del Noroeste S.A." polos traballos de limpeza na Casa Consistorial e outras dependencias municipais. Expte. 18641/240.

SEGURIDADE
16.- Devolución de aval a Construcciones O Gallo S.L. por reserva especial da vía pública por obra na rúa Urzáiz. Expte. 76232/212.

17.- Devolución de aval a Construcciones O Gallo S.L. por reserva especial da vía pública por obra na rúa Urzáiz. Expte. 76234/210.


SERVIZOS XERAIS
18.- Prórroga do contrato de subministración de materiais de construción e de ferretería.. Expte. 50894/250.

19.- Prórroga do contrato de subministración de áridos. Expte. 50894/250.

20.- Prórroga do contrato de subministración de formigóns. Expte. 50885/250.

21.- Ampliación do contrato de aluguer de maquinaria. Expte. 55050/250.


22.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de maio de 2009, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 14 de maio de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.