Intensa actividade do Programa Municipal de Integración Laboral na realización de obra pública municipal
Preto de 100 persoas incorporadas ó Programa Municipal de Integración Laboral (PROMIL) realizan obras municipais coas que se pretende pór de manifesto que é posible combinar proveitosamente obxectivos sociais con imperativos e necesidades de investimentos públicos. As brigadas están dirixidas por un equipo técnico da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego.
Nestes momentos, os traballadores do PROMIL están a construír beirarrúas, gabias e canalización de pluviais en lugares como á Baixada ó Pontillón, a rúa Cantabria ou o barrio de San Xoan Poulo. Estase a realizar tamén unha importante actuación no xardín histórico de Castrelos, na zona adxacente á solaina de Concepción Arenal, para establecer no seu contorno un amplo espacio axardinado. Ocúpanse de traballos de integración de centros de mando e reforzo de liñas municipais de submnistración de enerxía eléctrica nas parroquias de Cabral e Candeán e están a construír vestiarios e servicios nos campos de fútbol de Sárdoma e de Sampaio.
Por outra banda, hai brigadas construíndo camiños-carreiros no Castro, acondicionando o adro da Igrexa da Virxe do Rocío en Coia ou reforzando a actuación do departamento de Vías e Obras no asfaltado de diferentes viais.
O PROMIL constitúe unha das principais ferramentas do Plan Municipal de Emprego 2000-2003 para facilitar a inserción laboral dos desempregados de longa duración con especiais dificultades de desenvolvemento no mercado de traballo. Ó mesmo tempo que lles ofrece ós seus beneficiarios un traballo e un salario dignos, coa formación complementaria necesaria para mellorar significativamente a súa situación, intenta prestarlles ós vigueses un servicio de verdadeiro interese e utilidade como é a realización de determinadas obras municipais necesarias para a mellora do seu medio urbano e rural.
Dende o departamento municipal de Desenvolvemento Local e Emprego considérase que o custo do programa, cifrado en 244 millóns de pesetas para o ano 2001, é rendible porque con actuacións deste tipo demóstrase que o gasto social tamén pode ser “productivo”, ó investir en recursos humanos e ó mellorar o medio e a calidade de vida dos cidadáns no seu conxunto.
Descargar todas as imaxes