A artista Eliane Elías estrea o II Festival Latino ”Para Vigo me voy”
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural presentou a pianista Eliane Elías que principiará o II Festival Latino Internacional ”Para Vigo me voy” o vindeiro 25 de xullo ás 23:00 horas no auditorio de Castrelos. Actuará con ela Paquito d´Rivera quintet, dentro do espectáculo Calle 54.
Eliane Elías
Nacida en Sao Paulo, Brasil, en 1960, vive en Nova York desde 1981. Filla dunha pianista clásica, estudia na escola de Amilton Godoy, líder do ”Trío Zimbo”. Ós 12 anos toca Art Tatum, Bud Powell e Bill Evans. Ós 17 acompaña a Toquinho e Vinicius de Moraes nos seus recitais. É unha pianista versátil capaz de interpretar coa mesma mestría o jazz máis ortodoxo, obras de Ravel ou de Rachmaninoff, así como melodías populares sudamericanas, un tango arxentino ou unha guaracha cubana.
Interpretando, destaca pola súa técnica e a súa facilidade improvisadora, características estas que de ningún xeito chegan a eclipsar o enorme contido emocional e lírico da música. Procedente do mundo da fusión, nos seus albums recorre con frecuencia ó repertorio de música brasileña, sendo abundantes as pezas de Jobim, Ivan Lins ou Milton Nascimento.
En ”Fantasía” (Blue Note, 1992) conta con acompañamento de Jack DeJohnette e de Peter Erskine á batería e Eddie Gómez e Marc Johnson ó contrabaixo, así como unha participación especial de Ivan Lins e do percusionista Nana Vasconcelos. Neste álbum destaca unha interpretación de ”Garota de Ipanema” do mestre Jobim.
”Paulistana” é un traballo na mesma liña que o anterior. Eliane móvese por un repertorio de composicións brasileñaas, destacando neste caso a interpretación dunha peza da pianista brasileña ”Wild Flower”, na que ademais da propia beleza da composición, a brillante interpretación de Eliane, a rítmica hipnótica marcada polo batería Peter Erskine e o ambiente máxico creado polo percusionista Vasconcelos, contribúen a convertela nunha obra de arte.
Descargar todas as imaxes