Patrimonio Histórico celebra ”Vigo na aventura atlántica”, un festival na defensa do patrimonio marítimo de Galicia
A dársena da Laxe do Porto de Vigo acollerá, entre o 27 e o 29 de agosto, un festival que contará con exposicións, música mariñeira e degustacións de productos do mar.
A actividade artéllase ó redor das rutas marítimas que se estableceron dende a idade de bronce ata a idade media entre as poboacións de Gran Bretaña, Irlanda e Galicia e que percorrían o Atlántico noroeste establecendo relacións comerciais e culturais. Con este motivo, tres embarcacións primitivas de pel, a vela e remo iniciaron no mes de xuño unha travesía marítima de 2.000 quilómetros de costa, que van dende a Bretaña francesa ata Vigo.
Estas embarcacións, denominadas “curraghs” arribarán a Poio o 23 de agosto, onde participarán no V Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que organiza a Federación Galega pola Cultura Marítima. Nestes encontros participarán numerosas embarcacións tradicionais, ademais dun barco de coiro recuperado en Pasaia (Euskadi) así como goletas, dornas, traineras e outras achegadas dende Catalunya, illas Baleares e Portugal.
O luns, 27 de agosto, as embarcacións realizarán a travesía Poio-Vigo para participaren no festival marítimo “Vigo na aventura atlántica”, que organiza a Concellería de Patrimonio Histórico do Concello en colaboración coa Federación Galega pola Cultura Marítima e as Concellerías de Desenvolvemento Local e Emprego e Deportes. Na actividade participan, tamén, a Autoridade Portuaria, ANFACO, e a Federación Galega de Vela.
O festival desenvolverá numerosas actividades ó redor das impoñentes embarcacións que nos visiten e que amarrarán na dársena da Laxe, no Porto de Vigo. O luns 27 de agosto abriranse as exposicións e celebraranse talleres e animación de rúa durante o día, música mariñeira e concertos de folk á noite e degustacións de productos do mar na dársena da Laxe. O martes 28 as embarcacións realizarán unha breve travesía ata a praia do Vao, onde realizarán diversas actividades náuticas organizadas pola Escola Obradoiro Mar de Vigo, da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego que se atopará en xornada de portas abertas: Izada e subida a rolos, remo en chalana, navegación con gamelas... e concertos de bandas bretonas.
As exposicións
As exposicións da Laxe comprenden tres visións do patrimonio marítimo. A Federación Galega pola Cultura Marítima amosará, no seu propio espacio expositivo, o Patrimonio Marítimo de Galicia, con paneis explicativos, fotografías, aparellos de pesca e cartaxes dos anteriores encontros celebrados.
A Asociación bretona “Aux Marches du Cranou” amosará a súa exposición Itinerarios Celtas: os monxes navegantes, paneis, fotografías, vídeos doutras odiseas... e ofrecerá degustacións de productos do mar e máis visitas guiadas ós curraghs.
A Concellería de Patrimonio Histórico, pola súa banda, exhibirá O Mar de Vigo, unha exposición que amosa as actividades desenvolvidas polo Concello para a recuperación e posta en valor do noso patrimonio marítimo. Así, a salvación do despezamento e o proxecto de recuperación do Bernardo Alfageme para usos culturais e turísticos, as actividades que desenvolve a Casa do Cesteiro, do Centro de Artesanía Tradicional, en relación coa recuperación das técnicas de elaboración dos cestos do mar, o proxecto de recuperación cultural e de educación ambiental para xoves estudiantes e colectivos profesionais que supón a Aula Etnográfica do mar e o traballo de recuperación de embarcacións tradicionais que realiza a Escola Obradoiro Mar de Vigo son algúns dos aspectos que se desenvolverán nesta mostra.
A música
Os mares das músicas é un programa que recolle dende pasarrúas de bandas galegas e bretonas para animación ata grupos folk búlgaros, bretóns e galegos. Ademais do recibimento ás embarcacións que as bandas de música realizarán o luns 27 e a animación na praia do Vao o martes 28, á noite, os mares da música desenvolverá concertos na dársena da Laxe.
O luns 27, a partires das 21,00h. actuarán os bretóns Sonnerez ar Pouldergat, as viguesas Cantareiras do Berbés e mais o grupo folk galego Laio. A noite do martes 28 faranno, á mesma hora, os búlgaros Nastinarka, e mais os galegos Abe Rábade quartet (jazz) e Uz (folk).
As degustacións
Ademais das degustacións de productos do mar que se desenvolverán na exposición da asociación bretona “Aux Marches du Cranou”, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO) disporá dunha taberna mariñeira na que se realizarán degustacións de conservas de productos do mar. Teñen sido invitadas a participar nestas degustacións outras asociacións co obxectivo de ampliar a oferta gastronómica do festival (mexillóns, ostras...)
A Concellería de Patrimonio Histórico pretende expresar coa celebración deste festival marítimo que amosa a aventura marítima, cultural e humana que supuxeron as rutas do atlántico noroeste, unha realidade e unha reivindicación: a marcada presencia do mar na nosa historia e a necesaria defensa do patrimonio marítimo.
Descargar todas as imaxes