Escoitar

Recepción oficial dos nenos saharauis que participan no programa ”Vacacións en paz”

luns, 23 xul 2001
imx480.jpg
Neno saharaiu no Concello
Os concelleiros Santiago Domínguez e Belén Sío déronlle a benvida oficial ós 11 nenos que participan no programa ”Vacacións en paz” organizado pola Asociación Galega de Axuda ó Sáhara.

O presidente do colectivo agradeceu o labor do Concello de Vigo e das familias que acollerán durante dous meses os rapaces que proveñen ”do deserto ardente do Sáhara e veñen a un lugar cun clima temperado e húmido que fai pensar que están nun mundo distinto, como no paraíso”, explicou.

Belén Sío recoñeceu o traballo que realizan desde a Asociación de Axuda ó Sáhara e falou dos lazos que nos unen con outros países. Indicou que agarda que o próximo verán poidan vir estes e outros nenos.

Santiago Domínguez dixo que este programa se inclúe na reivindicación de que as autoridades lle dean unha solución á inxustiza social que sofre o pobo saharaiu. O Concello de Vigo non podía ser alleo a este problema e permitiu que estes nenos descubran cousas novas e teñan unha boa e cordial acollida por parte das familias coas que van pasar o verán para que logo poidan contar esta realidade no seu país, dixo.

O delegado saharaiu en Galicia agradeceu a solidariedade amosada e o apoio ”a esta causa xusta que lles permitirá os nenos gozar da liberdade que o pobo saharaiu merece”.
Descargar todas as imaxes