O Campionato Galego Absoluto de Atletismo celebrarase en Vigo o vindeiro sábado
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, agradeceulle á Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo ter escollido a cidade para a celebración do Campionato Galego de Atletismo, que se celebrará o vindeiro sábado 7 de xullo no estadio de atletismo de Balaídos, e á Secretaría xeral para o Deporte a colaboración prestada para a organización do evento.
”A organización deste campionato é unha aposta clara polo atletismo, que ocupa un lugar destacado no deporte vigués”, explicou o concelleiro Santiago Domínguez. ”Historicamente tivemos a sorte de contar con importantes atletas e, na actualidade, ademais dos bos deportistas existentes dispoñemos dunhas pistas de atletismo que o Goberno municipal impulsou a través de actuacións como o cerre perimetral e o arranxo de vestiarios e da torre dos xuíces”, dixo o concelleiro.
O representante da Secretaría xeral para o Deporte, Daniel Ochoa, afirmou que a celebración deste evento terá un marco incomparable en Vigo para que o Campionato Galego de Atletismo teña o realce que merece.
Pola súa parte, o delegado da Federación Galega de Atletismo, Alejandro Costas González, explicou os aspectos técnicos da organización e dixo que xa había 525 participantes inscritos entre os que se encontran os posuidores das mellores marcas galegas en distintas modalidades.
Descargar todas as imaxes