O Concello emprende un labor de renumeración de vivendas ante o crecemento na construcción
O departamento de Estatística do Concello de Vigo detectou numerosas vivendas que non dispuñan do correspondente número identificativo, polo que emprendeu un proceso de notificación a 3.000 particulares e empresas para a súa colocación nos portais ou entradas dos edificios.
Vigo experimentou, nos últimos anos, un importante crecemento na construcción de vivendas e de edificacións industriais polo que, nalgúns casos, se fai necesaria a renumeración para facilitar a localización de enderezos. Nos últimos meses, o departamento de Estatística realizou este labor en 500 rúas do municipio.
A cidade conta cunha superficie de 110 quilómetros cadrados e con 1.710 vías públicas. Alcabre, Navia, Oia, Coruxo e Saiáns conforman o distrito no que se detectaron máis de 900 edificacións que carecían de numeración.
Os interesados en solicitar máis información poden poñerse en contacto co departamento de Estatística do Concello de Vigo.