Escoitar

Aprobado o proxecto de urbanización do Plan Parcial Cambeses

xoves, 5 xul 2001
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o proxecto de urbanización do Plan Parcial Cambeses. Vanse urbanizar 58.000 m2 que nestes momentos non contan con ningún servicio nin con accesos en condicións.

O proxecto de urbanización prevé a apertura dun vial dende a avenida Ramón Nieto e tamén a execución da conexión entre S. Paio de Abaixo e a rúa Xanteira. A nova urbanización contará con dúas zonas verdes con xogos infantís e cunha pista polideportiva. O presuposto da obra é de 271.366.858 pesetas.

O alcalde decidiu retirar da orde do día do Consello da Xerencia o expediente de resolución dos recursos de reposición interpostos contra o acordo de aprobación definitiva do proxecto de compensación da U.E. do Pepri III-02 Finca do Conde. O expediente será debatido a vindeira semana, cando o secretario xeral do Concello elabore un informe sobre este asunto solicitado expresamente polo Grupo Popular.