A música de Los Suaves encherá o venres o pavillón das Travesas
Trala actuación do artista convidado ”Kraken” tocarán no pavillón das Travesas Yosi, Alberto Cereijo, Charly, Gelo e Fernando Calvo, compoñentes de ”Los Suaves”, para os seguidores deste grupo que trae a Vigo a Concellería de Xuventude.
O último traballo de ”Los Suaves”, Víspera de todos los santos, está infectado polo veleno do rock duro, segundo afirman os propios autores. Algúns dos temas Palabras para Julia, versión dun texto de José Agustín Goytisolo: No me gusta el rock´roll, que é todo o contrario ou Noche de luna y pateras, conta a traxedia dos inmigrantes no estreito de Gibraltar serán mesturados con outras coñecidas cancións anteriores.
O grupo desplegará 40.000 watios de son e 120.000 de iluminación para un novo espectáculo con pirotecnia deseñado pola compañía teatral ”La Fura dels Baus” e unha montaxe escénica inspirada no seu último disco.
As entradas pódense adquirir en Elepé, Diskópolis, Tipo e La Columna por un prezo de 1.000 pesetas ou no mesmo lugar do concerto a partir das 20:30 horas, cando se abran as portas do pavillón das Travesas.
Descargar todas as imaxes