Escoitar

Tarxeta telefónica de Participación Cidadá

mércores, 4 xul 2001
imx409.jpg
A Concellería de Participación Cidadá, en colaboración con Telefónica e coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, emitiu tarxetas telefónicas prepago co obxectivo de dar a coñecer o servicio de atención ó cidadán 010 que ofrece información sobre Vigo. Unha tiraxe de 20.000 unidades comercializarase no Concello de Vigo e outra de 35.000 distribuirase por toda España. Cada tarxeta terá un valor facial de 1.000 pesetas.

Con esta iniciativa preténdese dar a coñecer o teléfono de información e atención ó cidadán 010 e publicitar a cidade máis alá do seu termo municipal. Moitas das chamadas recibidas durante os meses de maio e xuño procedentes de fóra de Vigo referíanse a peticións de información sobre datas de festas, actuacións previstas e horarios de transporte.

O servicio de atención ó cidadán 010 agarda que no verán coa chegada dos turistas se incrementen as chamadas, xa que en maio e xuño subiu con respecto ós meses anteriores un 20% o número de usuarios que solicitaban información.
Descargar todas as imaxes