As concellerías de Deporte e Turismo organizan o Torneo Internacional de Fútbol Base ”Vigo Cup”
O Fútbol Base xa conta cun torneo internacional en Vigo que concentrará, o próximo verán, deportistas procedentes de toda España e do estranxeiro, co fin de divertirse e de gozar do xogo que arrastra multitudes.
O sistema de competición establece que os equipos se dividirán en grupos de catro, que se enfrontarán nunha liga a unha soa volta. O primeiro e o segundo de cada grupo clasificaranse para a Liga de Campións. O terceiro e mailo cuarto xogarán a Serie de Consolación.
Atendendo ás idades dos participantes, as categorías benxamín e alevín competirán en fútbol 5, infantil en fútbol 7, e cadete e xuvenil-damas en fútbol 11. Haberá tamén competicións mixtas.
Fomentarase o intercambio de información por parte dos técnicos que acompañen ós clubes, relacionados co deporte base, e realizaranse actividades formativas. Haberá tamén outros actos destinados ós participantes que se programarán na semana do 2 ó 8 de xullo ligados ó turismo, ó lecer e á formación.
Esta iniciativa, desde o punto de vista turístico, servirá de reclamo importante para fomentar a participación activa dos rapaces e dos acompañantes neste torneo futbolístico de ámbito internacional. As previsións apuntan ó encontro de máis de 100 equipos con máis de 1.000 deportistas.
A cota de inscrición por equipo é de 15.000 pesetas e este prezo inclúe un mínimo de catro partidos de competición, información diaria do torneo, asistencia sanitaria nos campos de xogo, material deportivo, sorteo de viaxes e actividades recreativas en Vigo. Os técnicos e delegados tamén poderán participar en conferencias e coloquios sobre o adestramento no fútbol base con profesionais e técnicos especializados.
Os equipos vigueses interesados en inscribirse deberán pagar só 5.000 pesetas que serán reembolsadas en material deportivo.
Facilitan máis información no teléfono 986-810154 ou mediante contacto no enderezo electrónico vigocup@terra.es
Descargar todas as imaxes