O Concello subscribirá un convenio para a formación laboral da comunidade xitana
O Concello de Vigo subscribirá un convenio de colaboración co Secretariado Xeral Xitano para desenvolver programas de formación laboral da comunidade xitana e de orientación e apoio para a busca de emprego. O programa ofrecerá atención individualizada e contará coa colaboración de diversas organizacións que xa traballan na actualidade neste eido.
Este proxecto vaise desenvolver durante os próximos seis anos e supón un investimento de 50 millóns de pesetas en cada exercicio. A maioría deses recursos proceden dos fondos que a Unión Europea dedica á loita contra a discriminación, e o Concello de Vigo aporta cinco millóns de pesetas.
A Comisión de Goberno aprobou, por outra parte, as bases da convocatoria de subvencións que se outorgarán este ano no marco do Programa de Excelencia Hosteleira. O Concello dispón de 26 millóns de pesetas para distribuír entre establecementos hosteleiros da cidade que presenten proxectos de mellora das súas instalacións ou que decidan organizar actividades de cara ós visitantes. Poderán optar ás axudas municipais aqueles empresarios hosteleiros que acometan obras menores nos seus establecementos para mellorar a súa imaxe, os que organicen actividades de dinamización de rúas e os que editen material promocional.
Aprobouse tamén un convenio de colaboración da Concellería de Xuventude coa Asociación Galileo Galilei, que permitirá organizar un ciclo de conferencias e proxeccións audiovisuais sobre astronomía no novo salón de actos do zoolóxico da Madroa. Este ciclo desenvolverase os xoves e os sábados durante os próximos tres meses.
Por último, dentro da orde do día, aprobouse a convocatoria de subvencións para colectivos xuvenís sen ánimo de lucro. O obxectivo destas axudas é fomentar o asociacionismo da mocidade mediante o apoio ás actividades organizadas polos colectivos que xa funcionan na cidade.
A Comisión de Goberno adoptou o acordo de transmitir a solidariedade ás persoas que sufriron o último atentado de ETA, e mostrou a repulsa e a condena explícita ós actos terroristas.