Escoitar
Coñecerán o Casco Vello, o Museo Etnográfico Liste e o Concello de Vigo

Escolares portuenses visitan Vigo no ámbito do irmanamento de ámbalas dúas cidades

luns, 19 mar 2001
imx39.jpg
Durante a súa visita os perto de 30 escolares do segundo ciclo da escola C+S de Irene Lisboa, coñecerán os traballos realizados no Barrio Histórico da cidade polo programa Urban, así como espacios de interese cultural do Casco Vello. O Centro de Artesanía Tradicional, a Casa do Cesteiro, a Colexiata, a Casa Arines, a Praza de A Preda e as Prazas da Princesa e da Constitución, serán obxecto de estudio dos alumnos. Deseguido visitarán o Museo Etnográfico Liste, a Fortaleza do Castro e a Muralla de San Sebastián, para seren, finalmente, recibidos no Concello de Vigo.

A escola C+S de Irense Lisboa, está a realizar un intenso traballo de campo sobre a orixe e evolución das cidades irmás de Oporto, onde se ubica este centro de ensino, co obxectivo de realizar unha publicación que recolla os traballos de investigacións dos seus alumnos e que será editada no ámbito da celebración de Oporto cidade europea da cultura 2001. Vigo foi elixida como cidade irmá para o seu estudio polos rapaces do 2º ciclo desta escola, que serán quen nos visiten xunto ós seus profesores.

A concelleira de Patrimonio Histórico, Carme Martínez Corbalán, recibirá os alumnos e profesores no remate da súa visita á cidade. A recepción oficial terá lugar na Alcaldía, o martes, 20 de marzo, ás 19,00h.
Descargar todas as imaxes