Teatro do Noroeste representará no Auditorio Municipal a primeira superprodución galega
A programación teatral do Concello de Vigo como membro da Rede Galega de Teatros e Auditorios para o primeiro semestre deste ano comezará os días 27 e 28 deste mes, con representacións da obra "Imperial: café cantante. Vigo 1936" a cargo da compañía Teatro do Noroeste.
"Imperial: café cantante. Vigo 1936" é unha obra musical de gran formato na que participan dez actores e actrices entre os que hai nomes tan destacados da escena galega como Miguel Pernas, Luma Gómez e Maxo Barjas. Os actores, ademais, non só interpretan, senón que tamén tocan e cantan durante dúas horas, algo que dá lugar a unha combinación pouco habitual en Galicia. Se a isto se lle engade un escenario elaborado, custoso e traballado como o dun café cantante dos anos trinta en Vigo, o resultado é a primeira superprodución do teatro galego. Eduardo Alonso, director e autor do texto orixinal desta montaxe explica que "se o vemos desde o punto de vista do teatro do resto do Estado temos unha produción ambiciosa pero nada máis. No entanto, se o miramos desde a óptica do teatro galego, entón si que temos unha superprodución".
Nesta obra hai dúas cuestións que impregnan todo o argumento do espectáculo formando parte esencial del: o lugar e a época. O lugar é a cidade de Vigo e a época é a primavera de 1936, días antes do 18 de xullo.
O Imperial é un café cantante de Vigo, como foron naqueles anos o Brasil e o Español. Neste café xúntanse pola noite, para gozaren das actuacións dos coristas, diferentes personaxes da vida nocturna viguesa. Todos viven aqueles momentos sen sospeitar que poucos días despois se desencadeará unha das máis crueis guerras fraticidas.
"Imperial: café cantante. Vigo 1936" non é unha obra histórica, pero a historia incide nela de maneira especial, sobre todo os sucesos que aconteceron en Vigo eses días: entre outros, as folgas da Singer e dos administrativos do porto, o asalto á sede dos falanxistas, a proxección da primeira película en cor e o ascenso do Celta a Primeira División e as grandes celebracións que isto ocasionou.
A representación desta obra coincide coa celebración do Ano da Memoria. Un feito que Eduardo Alonso explica como "algo circunstancial e casual, porque a obra comezou a xestarse hai dous anos". Ademais, "os feitos non se producen exactamente no mesmo momento que a guerra, senón que a obra remata precisamente no mesmo intre no que se produce o alzamento militar", puntualiza o director.
A organización deste espectáculo en Vigo corre a cargo da Concellaría de Cultura en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios da Consellaría de Cultura e Deportes. O público poderá asistir ás representacións desta obra en Vigo no Auditorio Municipal, o sábado 27 e o domingo 28 de xaneiro a partir das 20.30 horas. O prezo da entrada é de 5 euros en taquilla a partir das 19.30.