Escoitar

Novos cursos de formación e animación sociocultural para mulleres

Do 19 de febreiro ao 10 de xuño desenvolverase o segundo cuadrimestre do Programa de Formación e Animación Sociocultural para Mulleres organizado pola Concellaría da Muller en colaboración coas asociacións veciñais baixo o título "Mollémonos. O camiño elíxelo ti".

mércores, 17 xan 2007
1169037366mullercursos170107.jpg
As mulleres maiores de idade, que son as destinatarias desta iniciativa, disporán de 940 prazas en cerca de 50 cursos. A concelleira da Muller, Lucía Molares, adiantou hoxe mércores durante a presentación do segundo cuadrimestre do programa, que este ano terán unha especial importancia os cursos enfocados á saúde e ao deporte, como os de intelixencia emocional, adelgazamento saudable, risoterapia, masaxe, taichí e pilates.

Tamén se dedicará unha parte importante do programa á arquitectura polpular, á historia e á arte galegas e ao baile, con cursos de ritmos latinos, danza oriental e batuka. Ademais, haberá un lugar destacado para os cursos de manualidades, cos que as mulleres poderán aprender a traballar con madeira, marquetería de carel, nácara e cuncha, pintura en tea, seda e estancil, repuxado en coiro e cestería.

Lucía Molares salientou a importancia deste programa para que "as mulleres teñan o seu propio ámbito", polo que as animou a que "saian e se unan aos grupos" que participarán nos cursos.

As mulleres interesadas poderán incribirse do 29 de xaneiro ao 11 de febreiro no local da asociación que realice o curso ou cursos que elixan. Os cursos teñen un límite de 20 prazas e cada muller poderá solicitar a súa participación en todos os que queira, independentemente de se se realizan na súa parroquia ou non. Con todo, daráselles preferencia ás solicitantes que residan na parroquia onde se leve a cabo o curso.

As entidades que colaboran no programa poderán cobrar ata un máximo de 7 euros por alumna en concepto de matrícula.
1169037366mullercursos170107.jpg
1169037424mullercursosb.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información