O Concello comeza a preparar a temporada de praias con vistas a Semana Santa
A temporada de praias adiántase este ano coa Semana Santa á primeira semana de abril. A fin de que todo estea preparado nos areais de Vigo para esas datas, o Órgano Xestor de Praias do Concello acordou hoxe martes facer un seguimento semanal das necesidades existentes ou que poidan xurdir.
Polo de agora, os departamentos municipais encargados do bo estado das praias continuarán o labor de rehabilitación do Vao, que inclúe a recuperación das dunas desta praia. Ademais, iniciaranse as accións precisas para ir resolvendo aspectos fundamentais como os novos paseos marítimos, os socorristas, as duchas, a limpeza dos areais, o alumeado e as casetas de Cruz Vermella.
O portavoz do Goberno local, José Manuel Figueroa, afirmou tras a reunión de hoxe martes que "é importante que o Órgano Xestor de Praias comece a traballar" para repetir o "magnífico resultado" da temporada de 2006.
Descargar todas as imaxes