O Goberno local presenta as cifras das obras de saneamento e abastecemento do seu mandato
Nos últimos tres anos, a rede de saneamento de Vigo ampliouse en 125 kilómetros, e a de abastecemento, en 17. As obras executadas neste periodo, xunto coas que están en fase de execución, aprobadas ou en proceso de tramitación, supoñen un investimento de 32 millóns de euros.
Segundo afirmou hoxe martes a alcaldesa, Corina Porro, a xestión do Goberno local baseouse na vontade de "rematar todo o saneamento", porque era "incomprensible" que houbese parroquias con carencias nesta materia "en pleno século XXI". Porro salientou que "foron todas as parroquias de Vigo as beneficiarias" destes investimentos.
Os datos expostos pola alcaldesa inclúen cerca de 23,7 millóns de euros en obras de saneamento e abastecemento executadas no periodo 2004-2007. Dentro deste grupo destacan os traballos realizados para o saneamento de Cabral (1.050.000 euros), e as ampliacións do saneamento de Valadares (2.423.000 euros máis 374.000 en obras complementarias), da segunda fase de Bembrive (1.175.000 euros) e Beade (2.896.000 euros), con obras complementarias por valor de 579.000 euros nesta última parroquia. Estas actuacións principais serviron para sanear unhas 1.500 vivendas en catro parroquias.
Outra das prioridades do Goberno municipal está cumprida, segundo afirmou Corina Porro, ao "terlle dado unha solución definitiva ao futuro" da depuración, co acordo alcanzado recentemente entre o Concello e a Xunta para a construción dunha nova depuradora en Coruxo. Ademais, nos últimos tres anos, as obras executadas na EDAR do Lagares superaron os 3,7 millóns de euros.
Por outra parte, na actualidade están en execución un conxunto de actuacións con valor total de 3,8 millóns de euros, entre as que destacan as obras de saneamento da parroquia de Zamáns (2.246.000 euros) e a automatización das instalacións de saneamento (1.033.000 euros).
Obras aprobadas e de inmediata execución son, entre outras, as actuacións en colectores veciñais (1.583.000 euros) e o abastecemento da zona de Carballal, na parroquia de Cabral (515.000 euros). Este grupo de obras supón un investimento total de máis de 3,1 millóns de euros.
Así mesmo, hai unha serie de obras en proceso de tramitación, por valor de máis de 1,3 millóns de euros, que inclúe, entre outros traballos, os de ampliación da rede de saneamento de Bembrive (285.000 euros), eliminación de pluviais na zona da rúa Olímpicos (outros 285.000 euros) e a renovación da rede de saneamento na rúa Areal (223.000 euros).
Outra obras previstas para o futuro son a renovación das redes de saneamento das rúas Camelias (800.000 euros) e López Mora e Tomás Alonso (637.000), a ampliación das redes de saneamento nas parroquias de Candeán (471.000 euros), Beade (274.000) e Coruxo (137.000), así como a mellora do abastecemento da zona sur de Vigo a través de Matamá (667.000 euros).
Por outra parte, dependen da aprobación dos orzamentos municipais de 2007 investimentos próximos aos 1,4 millóns de euros. De todos modos, Corina Porro quixo aproveitar a presentación destes datos para asegurar que "nunca se fixo un esforzo tan importante" no saneamento e abastecemento de Vigo.
Dos 32 millóns de euros que se investiron xa ou se van investir nesta materia, 16,1 foron financiados polo Concello e Aqualia; 3,3, polo Concello e Fondos Europeos; 9,6, pola Xunta de Galicia; e 3 millóns, polo Concello e outras fontes.
Descargar todas as imaxes