Deporte para Maiores coida da saúde dos anciáns mediante a ximnasia e a natación
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, visitou hoxe mércores no Pavillón das Travesas os grupos de ximnasia de mantemento e natación do programa de Deporte para Maiores do Concello.
Esta actividade vénse desenvolvendo desde hai máis de 15 anos e nela participan máis de 650 persoas á vez, se ben entre baixas e altas ao longo destes anos teñen pasado polo programa máis de 800 persoas.
Deporte para Maiores consta de dúas actividades. A primeira, Ximnasia de mantemento, desenvólvese en dúas horas semanais en grupos clasificados por estado físico. A segunda, Natación, consiste en dúas horas semanais en grupos de 20 personas con monitor. Estas actividades lévanse a cabo nos centros deportivos municipais das Travesas, Teis e Lavadores.
Marta Iglesias afirmou que o programa Deporte para Maiores é importante para "traballar na prevención" de posibles problemas de saúde. Ademais, a concelleira chamou a atención sobre o "compoñente social" desta iniciativa, xa que lles permite aos seus participantes "facer amigos e realizar outras actividades con eles" fóra dos centros deportivos.
Para participar no programa Deporte para Maiores hai que facer unha solicitude no Departamento de Benestar Social. Os solicitantes admitidos pasan por un recoñecemento médico co que se valora canto exercicio poden facer. O prazo de solicitude está aberto todo o ano e as persoas vanse incorporando cando hai praza. O custo da actividade é de 20 euros por trimestre.