Aprobados os proxectos de humanización de Florida e a avenida de Castrelos
A Xunta de Goberno Local deu o seu visto bo hoxe luns aos proxectos de humanización das avenidas de Florida e Castrelos, cuns importes de 6,7 e 5,3 millóns de euros, respectivamente. O Goberno municipal solicitará a axuda económica da Consellaría de Política Territorial para financiar a execución das obras.
Segundo adiantou o portavoz do Goberno municipal, José Manuel Figueroa, os proxectos serán remitidos hoxe luns á Delegación Provincial da Consellaría. Figueroa explicou que na avenida de Florida se prevé ampliar as beirarrúas nun promedio de dous metros, co cal pasarían de dous a catro metros de promedio. Ademais, o proxecto do Concello contempla a supresión de un carril, polo que a vía quedaría reducida a dous carrís de saída e un de entrada. O importe estimado destas actuacións é de 6.678.000 euros.
No caso da avenida de Castrelos, o Goberno local propón unha ampliación das beirarrúas do promedio de 3,5 metros actual a outro de catro. O número de carrís da avenida sería o mesmo, pero levaríase a cabo unha reordenación do tráfico suprimindo algunhas zonas de aparcamento. O proxecto sitúa en 5.310.000 euros o orzamento destas obras.
Barreiro
Por outra parte, a Xunta de Goberno adxudicou á empresa Movex Vial a urbanización de Barreiro por un importe de 2.588.000 euros. José Manuel Figueroa recordou o "investimento importante" contemplado nos varios proxectos que afectan a esta parcela, con orzamentos que soman máis de oito millóns de euros. Entre eles, o da piscina cuberta (2,8 millóns de euros), cuxa saída a concurso se ultima actualmente, e o do campo de herba sintética (600.000), remitido xa á Xunta para solicitar financiamento.
Así mesmo, o Goberno municipal decidiu remitirlle outra vez á Xunta de Galicia o proxecto de mellora do camiño Gandarón. Este proxecto, que afecta ao tramo entre a avenida de Madrid e Alcalde Lavadores, supón un investimento de 1,4 millóns de euros e xa lle foi enviado á administración autonómica en febreiro de 2005 co obxectivo de que fose executado. O Concello, pola súa parte, xa realizou o proceso expropiatorio correspondente.
Plan Parroquias
Ademais, José Manuel Figueroa deu conta dunha serie de actuacións pertencentes ao Plan Parroquias, que xuntas supoñen un investimento de máis de 1,5 millóns de euros e que "sairán a concurso proximamente".
Son as seguintes: mellora do contorno da Sociedade Cultural Helios, de Bembrive (204.000 euros); reurbanización da praza Eduardo Chao, no Casco Vello (580.000); mellora da estrada Igrexa-Marcosende, en Zamáns (115.000); reparación dos camiños de Monte da Mina, Eixou e Falcoa, en Castrelos (115.000); estudo de sectorización da rede de abastecemento de augas de Vigo (100.000); e primeira fase das obras de reforma do Chalet Agarimo, en Beade (510.000 euros).
Descargar todas as imaxes