Escoitar

O Concello desfarase do buque Bernardo Alfageme ante a falta de apoio para conservalo.

martes, 15 xan 2002
imx977.jpg
A concelleira de Patrimonio Histórico, Carmen Martínez Corbalán anunciou que o Concello comezará as xestións necesarias para desfacerse do buque Bernardo Alfageme por carecer de apoios e colaboración doutras institucións para conservalo. A concelleira lembrou que só o Concello , como institución pública, realizou esforzos nos últimos dous anos para salvar o barco, convertilo nunha aula cultural e libralo do despece co propósito de conservar unha peza do patrimonio marítimo da cidade.

Carmen Martínez Corbalán laiouse da falta de interese mostrado por institucións como a Autoridade Portuaria e a Zona Franca por un proxecto cultural como o que se quería potenciar.

O buque Bernardo Alfageme é un pesqueiro de 23 metros de eslora construido no ano 44 en Barreras coa técnica que se empregaba na época. Nestes momentos está fondeado nos estaleiros de Cardama para o despece.
Descargar todas as imaxes