Aprobadas as bases do concurso de comparsas do Entroido 2002
A Comisión de Goberno aprobou hoxe as bases do tradicional concurso de comparsas que se realiza dentro do programa do Entroido 2002 que organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural. Neste concurso poderán inscribirse todas aquelas comparsas integradas por un mínimo de 25 persoas.
As inscricións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, en impreso normalizado para este fin, antes das 13’30 horas do día 31 de xaneiro. Todas aquelas solicitudes presentadas fóra deste prazo serán desestimadas calquera que sexa a causa do seu retraso.
Premios
Os premios establecidos para o concurso de comparsas serán:
1.- PREMIO: 2.404,05.- euros.
2.-PREMIO: 1.803,04.-euros
3.-PREMIO: 1.202,02.-euros
4.-PREMIO: 901,52.-euros
PREMIO ESPECIAL: 451.- euros, á comparsa máis festeira, non acumulable ós premios citados anteriormente.
20 ACCÉSIT de 421.- euros, non acumulables ós catro primeiros premios.
PREMIO DO DESFILE DO ”ENTERRO DO MECO”: 751.- euros. Outorgaráselle á comparsa mellor caracterizada no desfile do día 13 de febreiro. Para poder optar a este premio, os/as integrantes da comparsa deberán vestir de loito rigoroso, entendendo por tal a utilización de prendas de cor negra ou morada na súa totalidade. En todo caso, será o xurado do concurso o único con capacidade para valorar este aspecto.
Os premios serán indivisibles e poderán quedar desertos algúns deles, segundo a decisión do xurado do concurso. En caso de empate decidirá o voto de calidade da presidenta do xurado.
Os aboamentos dos premios serán tramitados pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural unha vez recibida a acta do xurado e estarán suxeitos á normativa fiscal que corresponda.
Desfile
O número da orde das comparsas inscritas no desfile asignarase mediante sorteo público, que se realizará o martes, día 5 de febreiro ás 20´00 horas na Sala-Museo da Casa do Concello, sita na praza do Rei s/n.
A concentración das comparsas inscritas farase na rúa Julián Estévez o día 9 de febreiro ás 18´30 horas, para comezar o desfile ás 19´30 horas, e que se realizará polas seguintes rúas: García Barbón – Nudo Isaac Peral (parte superior) – García Barbón – Policarpo Sanz e Porta do Sol, onde rematará o desfile.
As carrozas participantes no desfile de comparsas non poderán exceder das seguintes dimensións,longo: 7´00 m : largo: 3´50 m : alto: 4´00 m
En caso de que algunha das carrozas participantes incumpra algunha destas medidas quedarán excluídas directamente do desfile.
Así mesmo, o persoal de organización e o xurado do concurso quedan facultados para excluír do desfile ou cambiar o seu posto da orde a calquera elemento das comparsas que se considere perigoso ( animais de todo tipo, petardos, bengalas...), co obxecto de garanti-la seguridade dos demais participantes e do público asistente.
As comparsas inscritas deberán participar na comitiva do ”Enterro do Meco” o día 13 de febreiro coa mesma orde de desfile. O horario de concentración neste caso será ás 19´00 horas, para comenzar o desfile ás 20´00 horas. O lugar de concentración e o percorrido do desfile do ”Enterro do Meco” serán os mesmos cós do día 9 de febreiro.
A decisión do xurado farase pública mediante a lectura da acta ó remate do ”Enterro do Meco”, na Porta do Sol.
Descargar todas as imaxes