Escoitar

A primeira Festa da Chave celebrarase a próxima fin de semana no pavillón de Coia

luns, 14 xan 2002
imx972.jpg
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou a 1ª Festa da Chave que se celebrará os días 26 e 27 de xaneiro no pavillón municipal de Coia. O concelleiro subliñou que unha das prioridades do seu departamento é a recuperación de deportes e xogos tradicionais e autóctonos como é o caso da petanca e a chave que teñen moito arraigo nas parroquias e barrios da cidade.

A participación para a primeira festa da chave é libre non é preciso estar federado e as inscricións poderán facerse ata o día 21 de xaneiro na concellería de Deportes e na federación de Peñas Recreativas ” El Olivo”.

O sistema de xogo que se empregará e individual. Na primeira fase farase unha tirada de 30 pellos cada xogador, pasando a segunda fase tódolos que consigan un mínimo de 12 chaves. A segunda fase a tirada é de 30 pellos por xogador, pasando tódolos que consigan un mínimo de 15 chaves. Na fase final tamén será de 30 pellos por xogador.

Outorgaranse 10 premios en metálico e agasallos, segundo a clasificación. O primeiro é de 601,01 €: o segundo de 450,76 €: o terceiro de 300,51 €: o cuarto de 150,25 €: dende o quinto ata o oitavo será de 90,15 €: e o noveno e décimo de 60,10 €.

O horario da competición será o día 26 de 17.00 a 23.00 horas: e o domingo día 27 de 10.00 a 13h.: e de 16.00h. a 19.00 horas.


Descargar todas as imaxes