36 desempregados mellorarán a súa formación no obradoiro de emprego ”Vigozoo”
A construcción dunha Granxa-escola, a eliminación de barreras arquitectónicas e o acondicionamento dos habitáculos das especies consideradas perigosas do Zoo de Vigo son algunhas das obras que realizarán os trinta e seis desempregadas/os, maiores de 25 anos, que participan no Obradoiro de Emprego “Vigozoo”, promovido pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego no marco do Plan Municipal de Emprego.
Os obxectivos deste programa de emprego, que comezou a súa andadura o pasado 28 de decembro, son, por unha banda, ofrecer formación e experiencia laboral ós participantes en profesións con expectativas de inserción laboral e, pola outra, mellora-las actuais instalacións municipais do Zoo e acondicionar outras novas no mesmo recinto.
No Obradoiro de Emprego “Vigozoo” impartiranse as especialidades de construcción, carpintería e xardinería, baixo a dirección dun equipo formado por unha directora, un titor e tres monitores. O proxecto terá unha duración de doce meses e conta cunha subvención da Xunta de Galicia de 636.000 €, tendo que aportar o Concello as aulas, oficinas e talleres para a posta en marcha do mesmo.
Descargar todas as imaxes