Desenvolvemento pon en marcha una páxina web para facilitar a inserción laboral
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego Delfín Fernández Álvarez, presentou esta mañá a páxina web que a devandita Concellería ven de poñer en funcionamento no marco do Plan Municipal de Emprego 2000-2003, e polo tanto cun único obxectivo que é a loita contra o desemprego.
A información desta páxina web, á que se accede a través do sitio do Concello de Vigo, non só vai dirixida ós desempregados, senón que tamén ten o seu apartado específico para fomentar e asesorar ós que elixen o camiño do autoemprego para a súa inserción no mercado laboral e facilitar ás empresas a contratación de traballadores.
As persoas en situación de desemprego a través deste sitio na Red poderán solicitar unha cita ó Servicio de orientación laboral (SOL), acceder ás ferramentas básicas para unha busca activa dun posto de traballo (curriculum vitae, carta de presentación,...) e terán a súa disposición toda a información relativa ó emprego, tanto do Plan Municipal de Emprego como en xeral.
Pola súa parte, as persoas con proxectos empresariais terán a posibilidade de contar con toda a información relativa ás axudas municipais á contratación e á creación de empresas, que a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego convoca cada ano, e tamén terán a posibilidade de pedir unha consulta cos técnicos do Servicio de asesoramento a emprendedores (SAE). Neste senso, as empresas interesadas en contratar traballadores da base de datos da Concellería, o que supón recibir unha subvención municipal, poderán facer a súa solicitude a través de Internet.
O sitio que o servicio de Emprego e Desenvolvemento Local ten en Internet supón un reto, no marco do Plan Municipal de Emprego 2000-2003, de cara a acadar unha loita efectiva contra o desemprego, tanto a través da contratación por conta allea como a través do autoemprego.
Descargar todas as imaxes