Escoitar
Bando de Mobilidade e Seguridade<br />

Artificios pirotécnicos

Co obxecto de evitar os posibles prexuízos que poidan derivarse dunha tirada indiscriminada do que, na lexislación vixente, se denomina "artificios pirotécnicos", é necesario lembrar que conforme:

luns, 12 dec 2005
1º.- Co establecido na Lei orgánica 1/1992, sobre protección da seguridade cidadá, que no capítulo II regula as actividades relacionadas, entre outras, coa fabricación, circulación, almacenamento e comercio, adquisición e alleamento, posesión e utilización de artificios pirotécnicos.

2º.- O Regulamento de explosivos, aprobado polo Real decreto 230/98, do 16 de febreiro.

P R O H Í B E S E

a).- A fabricación, circulación e venda de calquera obxecto para uso infantil que presente externamente substancias explosivas ou detonantes, susceptibles do contacto directo. Para a circulación e venda de produtos pirotécnicos infantís é necesario que neles figure a marca, o nome do fabricante, a letra e número que teña asignado polo Ministerio de Industria. Cando a marcaxe directa do produto non sexa posible, farase no envase que o conteña, que nunca será superior ás cen unidades. Os produtos infantís de importación deberán reunir as mesmas condicións cós estatais.

b).- O depósito comercial ou consumo e venda de produtos pirotécnicos nos establecementos que non conten coa autorización da Subdelegación do Goberno, tras o informe da Delegación Provincial do Ministerio de Industria e Enerxía e da Intervención de Armas da Garda Civil, e o almacenamento non poderá superar os quince quilogramos de substancias explosivas. Igualmente, e polo que a este Concello se refire, lémbrase que a venda destes produtos ten que estar expresamente autorizada na preceptiva licencia municipal de apertura do establecemento, que se tramitará polo procedemento do Regulamento de actividades perigosas.

c).- A venda ambulante dos produtos aos que se refire o presente bando.


1.- Indicar, igualmente que conforme ao artigo 348 do Código penal, serán castigados con penas de prisión de seis meses a dous anos ou multa de seis meses, os que na fabricación, manipulación, transporte, posesión ou comercialización de explosivos, contraviñesen as normas de seguridade establecidas, poñendo en concreto perigro a vida, a integridade física ou a saúde das persoas e o medio.

2.- Que, así mesmo, as ordenanzas do Concello prohiben as condutas ás que se refire o número anterior. As devanditas condutas consideraranse especialmente graves cando se produzan en recintos que supoñan concentración dun gran número de persoas, como son o estadio de fútbol de Balaídos e demais estadios existentes no termo municipal, Instituto Municipal de Deportes e demais pavillóns deportivos, Auditorio do parque de Castrelos e similares. Os responsables destes centros velarán polo exacto cumprimento do disposto na normativa anterior mencionada, en canto lles afecte.

3.- As infraccións das normas citadas no presente bando, ademais das sancións correspondentes, levarán aparelladas a requisa dos produtos en cuestión e, de ser o caso, a clausura do local onde se vendan.

4.- Os artificios pirotécnicos no poderán venderse a partir da media noite.