Escoitar

Voluntariado presenta unha guía informativa

O Concello ven de editar unha "Guía do Voluntariado", coa que quere informar a todas as persoas interesadas sobre os pasos que hai que dar para colaborar en actividades solidarias, así como sobre os programas que desenvolve a Oficina Municipal de Voluntariado.

luns, 12 dec 2005
1134389409solidariedade.jpg
A concelleira deste servizo municipal, Lucía Molares dixo esperar que este documento sirva para que o voluntariado en Vigo "siga crecendo coa colaboración de todos", facendo especial mención ás 60 asociacións que prestan axuda á Oficina Municipal de Voluntariado no desenvolvemento das súas actividades.

A guía reúne a información que toda persoa que desexe estar implicada ten que coñecer. Así, defínense as actividades que poden ser consideradas como voluntarias, os requisitos necesarios que debe cumprir os voluntarios para levalas a cabo, os pasos que estas persoas deben serguir para colaborar e os dereitos que as asisten no desempeño desta función social. Así mesmo, a guía ofrece información sobre os programas que desenvolve a Oficina Municipal de Voluntariado.

No que vai de ano, rexistráronse como voluntarios nesta Oficina 235 persoas, o que eleva o seu número de colaboradores a uns 450.
Descargar todas as imaxes

Máis información