Escoitar

”A noite de Vigo nos 80”, reportaxe na revista Falamos

mércores, 16 xan 2002
imx980.jpg
Xa está na rúa o último número da revista ” Falamos” que edita o Servicio de Normalización Lingüística do Concello. Neste número, que fai o quinto, publícase unha reportaxe sobre ” A noite de Vigo nos´80. Posta de vinte anos atrás” escrito por Xosé Cid Cabido.

A reportaxe arranca do seguinte xeito” xa ben entrada a década fugaz e inconsciente dos oitenta, moitos de nós, quero dicir, moitos dos que agora arrandeamos as canelas varicosas entre os trinta e os corenta seguiamos sostendo que o amor, ou calquera dos seus sucedáneos, dependían originalmente dun encontro imprevisible, espontáneo, producto do azar e sen posible planificación. Ademais, estabamos persuadidos de que a seducción pola palabra e a pureza das conviccións era moito máis vantaxosa e penetrante que a seducción polas apariencias da carne e os seus adobíos narcisistas”. Cabido, fai un percorrido polos lugares e ambientes da época, as costumes da noite, e das conversas que se mantiñan.

A revista inclue información sobre a elaboración do novo Plan de Ordenación Urbanística e da norma reguladora de axudas muncipais á rehabilitación de fachadas de inmobles de interese histórico e arquitectónico.

O boletín tamén recolle información sobre actividades e concursos do Servicio de Normalización Lingüística: do III programa formativo en cestería tradicional: do roteiro de arquitectura racionalista e da primeira campaña de fomento da práctica deportiva nas rapazas.
Descargar todas as imaxes